Contos, contos e máis contos

cuentos

Qué contenta me puxen cando recibín  todos estes contos… 😉 Unha interesante selección de contos da editorial Kalandraka coa que traballar os máis diversos temas.

Empezarei por falar de “Ah!”, un conto despregable que é válido para todas as idades, pero moi útil para primeiros lectores. Xoga co que parece algo pero resulta ser outra cousa, descubríndonos desta maneira obras destacadas da Historia da Arte.

Seguindo ca temática da arte temos o “Guernica”. Este libro achéganos un pouquiño á figura de Picasso, amosándonos como foi o proceso de creación desta coñecida obra de arte, facéndonos reflexionar sobre a guerra e achegándonos tamén a historia recente de España. Este conto está recomendado a partir dos 9 anos.

Para os máis maiores temos “Os tres lobiños e o porco”. Este conto, aínda que “políticamente incorrecto”, fainos reflexionar sobre a sociedade na que vivimos, onde se valora o éxito persoal e a competitividade por riba do compañeirismo, da cooperación e da solidariedade cos demáis.

E para rematar: “O boneco”, un conto sen palabras, pero que tampouco as precisa. A través do poder das súas ilustracións enténdese perfectamente a historia do boneco protagonista. Este boneco fainos reflexionar sobre as relacións interxeneracionais,  e cómo os xogos participativos e sinxelos dos nosos avós e avoas deron paso a outros que fomentan a individualidade, a competitividade e a violencia.

Qué vos parece a miña selección?? Dan xogo oun non dan xogo estes contos?? Eu penso que si…Moitos deles xa teño pensado como encaixalos dentro da programación das nosas actividades deste verán. 😉

Se empregades algún e queredes compartir a vosa experiencia, ou vos gustaría saber máis dalgún deles, poñédevos en contacto comigo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s