0

Día Mundial da Educación Social

528210_528238470589557_1784785383_nAntes de nada, Parabéns as educadoras e educadores sociais!!! Hoxe é o noso día. Temos que celebralo como se merece.

Son Tempos de Educación Social, agora máis que nunca son tempos de loitar polos dereitos sociais, de promover a acción crítica, de implicarnos na loita por acadar unha sociedade e unha educación mellor.

Nesta loita estamos moitas e moitos educadores sociais traballando con ilusión día a día. Cada un/unha dende o seu ámbito, aportando o noso grauciño de area. Temos que seguir traballando para visibilizar a nosa profesión, para que se recoñeza e se valore o noso traballo.

Por eso, nun día tan sinalado como o de hoxe, non podía deixar de compartilo con tod@s vós.

Moita forza e a seguir traballando por unha sociedade mellor 🙂

Anuncios