Valados

Como xa sabedes cando me chega información dalgunha actividade interesante gústame compartila con tod@s vós.

IMG-20140402-WA0003

Este domingo día 6 de Abril, e ó longo da semana que ven podedes desfrutar dun espectáculo didáctico no Teatro Colón da cidade da Coruña.

“Valados” é a  a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida, ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza co veciño…
Prexuízos adultos suficientes para erguer un VALADO que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro.
A rebeldía, o enxeño e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados.
Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.

Datas e horarios: Domingo 6 de Abril, ás 18:00 h./ Do luns 7 ao xoves 10, ás 16:30

Déixovos o enlace por se vos interesa mercar a entrada.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s