Este ano como moit@s xa saberedes adícanselle as Letras Galegas a Xosé Mª Díaz Castro, poeta nacido en Guitiriz (Lugo) no ano 1914. Ademáis de poeta, foi profesor e traductor, xa que coñecía ata 14 idiomas. É autor dunha única obra, o poemario Nimbos (1961), que influiu nos poetas en lingua galega posteriores, pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.
Como xa vos veño contando nos últimos post, este ano estamos utilizando a pintura como liña conductora ó longo de todo o curso. Nesta ocasión non podía ser menos. Utilizamos o conto «O neno e a estrela» (podédelo descargar aquí), baseado na vida de Díaz Castro, e a a partir de ahí representamos a noite con «miles» de estrelas, que como escribía o poeta «alumearan o mundo» igual que él alumeaba con palabras o mundo que lle deron.
E para poñerlle un pouco de música a esta festa estamos ensaiando unha canción moi fermosa que tomamos prestada do I.E.S. Díaz Castro de Guitiriz. A canción titúlase «Esa lus» (podedes descargar aquí todo o material), está baseada na melodía dunha canción de Paula Rojo, da que non poden ser máis fans moit@s dos nosos pequenos-grandes cantantes, polo que están encantad@s ensaiando para cantala logo tod@s xuntos. Dende aquí quero darlle a noraboa a este instituto polo fermoso traballo que fixeron e están a facer en torno a figura do poeta homenaxeado, e as grazas por compartilo con tod@s nós.